4/3/10

MIÚD@S E XACI@S INVESTIGANDO SOBRE A AUGA...

A semana pasada visitamos o mundo de infantil para ensinar e aprender cousiñas sobre a auga.


Mirade que participativos estaban @s Xaci@s...



Propiedades da auga:

Non ten forma propia. (Brais e Ari)


Comprobamos que cando cambiamos a agua esta adáptase á forma do recipiente no que está. Na botella tiña forma de botella e no vaso forma de vaso.



É incolora, non ten cor. (Carmen e Nico)

Demostramos que a través do vaso cheo de auga podíamos ver a cor das cartulinas que tiñamos detrás, entón, a auga ten que ser transparente pada poder velas.




É insípida, non ten sabor. (Manuel e Xulia)

Chegamos á conclusión de que o zume de laranxa sabía a laranxa, de que a cocacola sabía a cola, pero a auga.....a que sabor se parecía?


Despois de bebela ninguén sabía dicir que sabor tiña, entón é verdade que a agua non ten sabor.


É inodora. (Cristian e Samuel)

Xogamos a adiviñar cal era o vaso de auga e cal o de zume de laranxa. Para iso tapámoslle os ollos a Samuel e ulindo acertou cando tiña diante o vaso de zume, porque desprendía olor a laranxa, pero non cando tiña o de auga, xa que esta, non ten olor.



Pedimos a colaboración dos nenos de infantil outra vez, que non pensaran que era todo un truco.

Intentamos enganalos poñéndolles diante sempre a auga, pero Alexandro tiña o olfato moi fino ese día...e adiviñou todas as veces que o vaso que tiña diante era o de auga porque non ulía a nada.




Estados da auga:


Líquido. (Ella e Alicia)
Vimos como era a auga en estado líquido, onde a podemos atopar así, (ríos, mares, lagos, fontes....)e tocámola para comprobar a súa textura. Decatámos que se escurría entre os dedos, que para transportala necesitamos un recipiente.



Sólido. (Naiara e Ana)

Agora tocou o momento de ver a auga en estado sólido, dixemos sitios onde se atopaba (cando neva, no conxelador, nas montañas...) e decatámonos de que para estar así necesitaba moito frío e que era dura como unha pedra.



Gasoso. (Jorge e Nerea)

Quixemos ver como era a auga en estado gasoso, e para comprobalo a profe Uxi roubou o microondas da sala de mestres. Metemos un vaso de auga e dándolle calor vimos como saía vapor quente que subía cara o ceo . Intentamos atrapalo pero non podíamos. Eso sí, démonos conta de que estaba moi quente para chegar a este estado.


Ciclo da auga.


Xa que onte visitamos o Aquamuseu do do río Minho de Vilanova da Cerveira en Portugal, entendemos o a lingua veciña sen problemas, e podemos ver esta historia que nos amosa o percorrido que fai a auga.








Auga Potable e auga Non Potable.

Falamos das augas que se poden e que non se poden beber. E ensinamos os carteis que atopamos nas fontes que nos dicen se é auga potable ou non.
(Raúl e Marta)

No hay comentarios:

Publicar un comentario