25/3/10

22 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA


Xa que traballamos sobre a auga recordamos que o pasado día 22 celebrouse o Día Mundial da Auga e adicámoslle esta canción...



23/3/10

HOME. A TERRA, O NOSO FOGAR...

Gustounos a información e as imaxes deste video e queríamos que formase parte do noso blogue.



(Premede na foto para velo)



Despois será un bo momento para reflexionar...

21/3/10

14 DE MARZO, DÍA DA ÁRBORE

O xoves pasado celebramos o día da árbore no cole. Plantamos pinos todos os nenos de primaria.


Empezamos a camiñata...


Esta costa fixo que algún/a deixara en evidenca a súa condición física, shhhhhhhhh....que non se entere Tonecho....

Chegamos á plantación onde estaba todo listo para comezar.

Estábamos tan impacientes por comezar que case plantamos unha nova especie ...

As autoridades ultimando os detalles....
Recibindo as instruccións pertinentes...

Agora tócalles @s Miúd@s!!!

Que ben o pasades pillabáns !!!

Repoñendo forzas despois dun día duro...
Benvida primavera!!!

EUREKA SI COMPARTIRA PISCINA...

Cando voltemos ó Aquamuseu esperamos atopar así a Eureka...


15/3/10

VISITA Ó AQUAMUSEU DO RÍO MIÑO...

O pasado 4 de Marzo visitamos o Aquamuseu de Vilanova de Cerveira en Portugal.


Aprendemos moitas cousas sobre o río Miño.

Vimos os peixes nun acuario onde nos explicaron as súas características.

Tamén nos amosaron barcas e utensilios para a pesca, uns que se empregaban no pasado o outros que aínda se utilizan hoxe.


Podedes entrar na súa páxina web neste link: http://aquamuseu.cm-vncerveira.pt/Default.aspx



A historia de Eureka:





Investigando no laboratorio:
Primeiro vimos unha presentación sobre os tipos de animais que xa estudiáramos en clase: mamíferos, aves, peixes, anfibios, réptiles e insetos.




Despois observamos as súas caracteristicas grazas o microscopio e á lupa para cubrir unha ficha cos datos que nos pedían.




Mostras:

1. Visón
2. Galiña
3. Insectos
4. Cangrexo
5. Serpe
6.Miñocas



Sentímonos como verdadeiros científicos!!!



9/3/10

DOKI DESCOBRE...

Onte Doki axudounos a entender cousas sobre o día e a noite, as fases da lúa e os planetas...












Gustounos tanto que seguramente descubriremos máis cousas con el...

A TERRA E OS SEUS MOVEMENTOS






8/3/10

HOXE, 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano marca o 15º aniversario da adopción da Declaración de Beijing e a plataforma de Acción, os resultados da Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller celebrada en Beijing en 1995.



En recoñecemento deste importante aniversario, o tema deste ano do Día Internacional da Muller é a Igualdade de Dereitos, Igualdade de Oportunidades: progreso para todos.

Mensaxe do Secretario Xeral da ONU






Pd: chegarían eses bicos e apertas d@s Miúd@s...???

6/3/10

4/3/10

MIÚD@S E XACI@S INVESTIGANDO SOBRE A AUGA...

A semana pasada visitamos o mundo de infantil para ensinar e aprender cousiñas sobre a auga.


Mirade que participativos estaban @s Xaci@s...



Propiedades da auga:

Non ten forma propia. (Brais e Ari)


Comprobamos que cando cambiamos a agua esta adáptase á forma do recipiente no que está. Na botella tiña forma de botella e no vaso forma de vaso.



É incolora, non ten cor. (Carmen e Nico)

Demostramos que a través do vaso cheo de auga podíamos ver a cor das cartulinas que tiñamos detrás, entón, a auga ten que ser transparente pada poder velas.




É insípida, non ten sabor. (Manuel e Xulia)

Chegamos á conclusión de que o zume de laranxa sabía a laranxa, de que a cocacola sabía a cola, pero a auga.....a que sabor se parecía?


Despois de bebela ninguén sabía dicir que sabor tiña, entón é verdade que a agua non ten sabor.


É inodora. (Cristian e Samuel)

Xogamos a adiviñar cal era o vaso de auga e cal o de zume de laranxa. Para iso tapámoslle os ollos a Samuel e ulindo acertou cando tiña diante o vaso de zume, porque desprendía olor a laranxa, pero non cando tiña o de auga, xa que esta, non ten olor.



Pedimos a colaboración dos nenos de infantil outra vez, que non pensaran que era todo un truco.

Intentamos enganalos poñéndolles diante sempre a auga, pero Alexandro tiña o olfato moi fino ese día...e adiviñou todas as veces que o vaso que tiña diante era o de auga porque non ulía a nada.




Estados da auga:


Líquido. (Ella e Alicia)
Vimos como era a auga en estado líquido, onde a podemos atopar así, (ríos, mares, lagos, fontes....)e tocámola para comprobar a súa textura. Decatámos que se escurría entre os dedos, que para transportala necesitamos un recipiente.



Sólido. (Naiara e Ana)

Agora tocou o momento de ver a auga en estado sólido, dixemos sitios onde se atopaba (cando neva, no conxelador, nas montañas...) e decatámonos de que para estar así necesitaba moito frío e que era dura como unha pedra.



Gasoso. (Jorge e Nerea)

Quixemos ver como era a auga en estado gasoso, e para comprobalo a profe Uxi roubou o microondas da sala de mestres. Metemos un vaso de auga e dándolle calor vimos como saía vapor quente que subía cara o ceo . Intentamos atrapalo pero non podíamos. Eso sí, démonos conta de que estaba moi quente para chegar a este estado.


Ciclo da auga.


Xa que onte visitamos o Aquamuseu do do río Minho de Vilanova da Cerveira en Portugal, entendemos o a lingua veciña sen problemas, e podemos ver esta historia que nos amosa o percorrido que fai a auga.








Auga Potable e auga Non Potable.

Falamos das augas que se poden e que non se poden beber. E ensinamos os carteis que atopamos nas fontes que nos dicen se é auga potable ou non.
(Raúl e Marta)