
25/3/10
22 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA

23/3/10
HOME. A TERRA, O NOSO FOGAR...
21/3/10
14 DE MARZO, DÍA DA ÁRBORE
15/3/10
VISITA Ó AQUAMUSEU DO RÍO MIÑO...

Aprendemos moitas cousas sobre o río Miño.
Vimos os peixes nun acuario onde nos explicaron as súas características.
Tamén nos amosaron barcas e utensilios para a pesca, uns que se empregaban no pasado o outros que aínda se utilizan hoxe.
Podedes entrar na súa páxina web neste link: http://aquamuseu.cm-vncerveira.pt/Default.aspx
A historia de Eureka:
Despois observamos as súas caracteristicas grazas o microscopio e á lupa para cubrir unha ficha cos datos que nos pedían.



4. Cangrexo






Sentímonos como verdadeiros científicos!!!







9/3/10
DOKI DESCOBRE...
8/3/10
HOXE, 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En recoñecemento deste importante aniversario, o tema deste ano do Día Internacional da Muller é a Igualdade de Dereitos, Igualdade de Oportunidades: progreso para todos.
Mensaxe do Secretario Xeral da ONU
Pd: chegarían eses bicos e apertas d@s Miúd@s...???
6/3/10
4/3/10
MIÚD@S E XACI@S INVESTIGANDO SOBRE A AUGA...
Propiedades da auga:
Non ten forma propia. (Brais e Ari)
Comprobamos que cando cambiamos a agua esta adáptase á forma do recipiente no que está. Na botella tiña forma de botella e no vaso forma de vaso.
Demostramos que a través do vaso cheo de auga podíamos ver a cor das cartulinas que tiñamos detrás, entón, a auga ten que ser transparente pada poder velas.
Chegamos á conclusión de que o zume de laranxa sabía a laranxa, de que a cocacola sabía a cola, pero a auga.....a que sabor se parecía?
Despois de bebela ninguén sabía dicir que sabor tiña, entón é verdade que a agua non ten sabor.
Xogamos a adiviñar cal era o vaso de auga e cal o de zume de laranxa. Para iso tapámoslle os ollos a Samuel e ulindo acertou cando tiña diante o vaso de zume, porque desprendía olor a laranxa, pero non cando tiña o de auga, xa que esta, non ten olor.
Pedimos a colaboración dos nenos de infantil outra vez, que non pensaran que era todo un truco.
Intentamos enganalos poñéndolles diante sempre a auga, pero Alexandro tiña o olfato moi fino ese día...e adiviñou todas as veces que o vaso que tiña diante era o de auga porque non ulía a nada.
Sólido. (Naiara e Ana)
Agora tocou o momento de ver a auga en estado sólido, dixemos sitios onde se atopaba (cando neva, no conxelador, nas montañas...) e decatámonos de que para estar así necesitaba moito frío e que era dura como unha pedra.
Ciclo da auga.
Xa que onte visitamos o Aquamuseu do do río Minho de Vilanova da Cerveira en Portugal, entendemos o a lingua veciña sen problemas, e podemos ver esta historia que nos amosa o percorrido que fai a auga.