Quen é o Apalpador?
O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
(para ver a súa web preme na imaxe)
CANTIGA DO APALPADOR:
.
Hoje é dia do Natal,
dia do Nosso Senhor
ide logo para a caminha
que vai vir o Apalpador.
Hoje é dia do Natal,
vai ninim para a caminha
que vai vir o Apalpador
a apalpar-che a barriguinha.
dia do Nosso Senhor
ide logo para a caminha
que vai vir o Apalpador.
Hoje é dia do Natal,
vai ninim para a caminha
que vai vir o Apalpador
a apalpar-che a barriguinha.
LIBRO DO APALPADOR:

(para ler o conto preme na imaxe)
O venres pasado @s Miúd@s visitamos no mundo de infantil @s Xaci@s, onde Carlos, Ela, Xulia, Carla, Carmen, Aroa e Manuel foron contacontos para estes nen@s de 4 anos.
Ó rematar fixemos un trato, xa que o mestre d@s Miúd@s é o que máis preto vive da casa do Apalpador, será o encargado de levarlle as cartas que lle escriban tanto @s Xaci@s como @s Miúd@s. Para recoller estas cartas temos o buzón do Apalpador.
Grazas á mestra Iria por abrirnos as portas do mundo de infantil e por descubrirnos este conto ;)
Fue muy chulo estar con los peques contandoles la istoria del apalpado yo enseñaba los dibujos que coloreamos tambien leian algunos como Carla,Ella... Y me encantaria bolber a junto ellos.
ResponderEliminar