24/6/12

SORPRESA FIN DE CURSO !!!

OLA MIÚD@S !!!

Como prometín a visita chegou, sinto que non fose durante máis tempo pero tiña que voltar para despedirme tamén dos nenos e nenas do meu cole.

Por certo, bo traballo ca obra ;)

Tamén vin que estades grandísimos, claro, xa sodes de 5º !!!

Teño novas para vós,  o blog de MIÚD@S remata a súa actividade con esta derradeira entrada, é unha mágoa, pero quedará "on line" para que recordedes os bos momentos que pasamos no curso 2009-2010.

Estou traballando noutro blog con novos contidos, principalmente de educación física. Cando o remate direivos cal é para que participedes nas actividades que vos gusten.

Se queredes contactar, polo de agora podedes seguir facendoo no enderezo electrónico: miudosgoian@hotmail.com
Logo, cando o novo blog funcione, terei outro que xa veredes.


Espero que vos gustasen os Chupa Chups, que un día é un día ;)

24/12/10

FELIZ NADAL MIÚDOS !!!

Espero que vos portarades ben durante o ano, polo menos durante os últimos meses, que xa sei que nos primeiros así foi. ;)

Deséxovos unhas boas festas a todos e todas!

Unha aperta colectiva !!!



(Preme na imaxe)

15/7/10

COMO VAN ESAS VACACIÓNS?

Se queredes contar como o estades a pasar nas vacacións e publicalo no blogue, enviade un correo electrónico a: miudosgoian@hotmail.com

Atención a como escribides os textos, que eu publicarei o mesmo que me enviedes!

Podedes adxuntar tamén unha foto.
Xa tedes xogos novos, a buscalos!

Unha aperta miúd@s !!!

Pd: se non sabedes como se fai, pedide axuda a un adulto.

22/6/10

REMATOU O CURSO MIÚDOS !!!

E colorín colorado...





Xa sei que estaredes pensando en praia, piscina, bici e....festa rachada !!!

Pero quería que soubésedes que foi un verdadeiro pracer "aturarvos" este curso e que botarei moitísimo de menos:

- Carmen....pon as gafas...
- Alicia, non necesito secretaria...
- Asia, que sei onde traballa a túa nai...
- Xulia, creo que nunca cho dixen, pero tamén sabía ond traballaba a túa...
- Raúl, non te tires que non che pito falta...
- Nerea, Joana e Carla, que alguén lles retorza a orella para subirlles o volume...
- Naiara, recolle todo o que tes no chan...
- Nico, xa sei estás traballando ben, pero...estamos a segunda hora! Xa che firmarei a nota á última...
- Carlos, por unha cousa que non che sae...non te poñas así home!
- Marta e os seus "profe, si te enfadas así non enganas a ninguén"
- Ari e as merendas de chocolate dos recreos...
- Bard, ata os cordóns!
- Jorge, cando te relaxes un pouquiño falamos...
- Ana, iso xa se dixo...
- Cristian, que creo que hoxe non te levantaches nin unha soa vez sen permiso, PARABÉNS!!!
- Aroa, e as súas historias cos animais.
- Samu e o seu "Maldito profe" con cara de pillabán.
- Manuel, o informático da clase.
- Brais, déixame a Jorge tranquiliño...
- Ella, e os seus detalliños dos debuxos...

E un cento de cousas máis, e por todo isto...
GRAZAS !!!

4/6/10

HOXE, EXCURSIÓN Ó MONTE ALOIA

Onde están @s 12 Miúd@s que faltan, embaixo da mesa?




Miúd@s, podedes comentar como foi a visita ó Monte Aloia ;)
Para facelo so tedes que premer enriba de "comentarios" ó final desta entrada (ou da entrada que queredes comentar), e xa se abre unha ventá nova cun espacio en branco onde deixar as vosas impresións.

Datos de Interese:

· Superficie: 746 ha

· Altitudes: 80 - 629 m

· Concello: Tui

· Figuras de protección: Parque Natural, LIC

· Zona de Especial Protección dos Valores Naturais



Flora de Interese:

· Toxo

· Queiruga

· Xesta

· Carpaza

· Carballo

· Sobreira

· Salgueiro

· Ameneiro

· Acivro

· Castiñeiro



Fauna de Interese:

· Raposo

· Coello

· Ourizo

· Perdiz rubia

· Miñato común

· Lagarteiro

· Avelaiona

· Bermejuela

· Vacaloura

· Libeliña

· Lagarto arnal

18/5/10

ONTE, 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a Uxío Novneyra.

Na web oficial podedes ollar a súa obra, poemas, gravados, fotos...e tamén a súa bibliografía para saber un pouco mais deste escritor:






E nós celebrámolo con ditintas actividades:






E o venres con filloada, xogos e...FESTA RACHADA !!!


E nos xogos alguén lles dixo @s
Miúd@s que o último non comía filloa....a que liou ese individuo...!!!







Ari, capaz de ser a mais rápida, que non lle caera e...dicir "PATACA" para a foto !!!

2/5/10

2 DE MAIO, FELICIDADES MAMÁS !!!

Esperamos que as bolboretas chegaran hoxe voando para levar nas súas pinzas esas mesaxes a tódalas mamás d@s Miúd@s.

20/4/10

CHEGARON AS NOSAS MASCOTAS !!!

O pasado mércores chegou á nosa clase una caixa cuns ovos pequeniños que nos enviaron unhas amigas, a profe Anabel do CPI de Vedra e a profe Saleta do CPI Castro Baxoi de Miño.
De que especie eran eses ovos...?
Cal foi a nosa sorpresa cando o luns ollamos a caixa e xa naceran os......VERMES DE SEDA!!!



Ter unha mascota é responsabilidade, hai que coidalas. O primeiro paso foi buscarlles un sitio apropiado e a súa comida (follas de moreira).

Esto é o que veremos nos seguintes meses...


Versión plasti !!!


Na seguinte web podemos aprender mais cousas: http://www.gusanosdeseda.net/

13/4/10

EN ABRIL...ÁRBORES MIL !!!

Este curso a Comunidade de Montes de Figueiró aportou un terreo onde poder plantar as árbores que sementamos na escola (carballos e sobreiras).


Así naceron e viviron con nós ata ese intre...
Primeiro botamos terra no recipiente...
Estas son as landras...
Metémolas dentro...
Engadimos mais terra....
Tódalas plantas na clase, así medraron así así....
O gran día...


E....rematamos con bocadillo de.........CHOCOLATE !!!

25/3/10

22 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA


Xa que traballamos sobre a auga recordamos que o pasado día 22 celebrouse o Día Mundial da Auga e adicámoslle esta canción...



23/3/10

HOME. A TERRA, O NOSO FOGAR...

Gustounos a información e as imaxes deste video e queríamos que formase parte do noso blogue.



(Premede na foto para velo)



Despois será un bo momento para reflexionar...

21/3/10

14 DE MARZO, DÍA DA ÁRBORE

O xoves pasado celebramos o día da árbore no cole. Plantamos pinos todos os nenos de primaria.


Empezamos a camiñata...


Esta costa fixo que algún/a deixara en evidenca a súa condición física, shhhhhhhhh....que non se entere Tonecho....

Chegamos á plantación onde estaba todo listo para comezar.

Estábamos tan impacientes por comezar que case plantamos unha nova especie ...

As autoridades ultimando os detalles....
Recibindo as instruccións pertinentes...

Agora tócalles @s Miúd@s!!!

Que ben o pasades pillabáns !!!

Repoñendo forzas despois dun día duro...
Benvida primavera!!!