26/12/09

O APALPADOR NA TVG !!!

O martes no cole e o venres na TVG....non para quieto!

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

25/12/09

BO NADAL !!!

Deséxovos que pasedes un Bo Nadal, a vós @s Miúd@s e tamén para vosas familias.

Por certo, o baile non se vos da nada mal.... :P



Alicia, Ana, Ari e Asia...


Aroa, Badr, Brais e Carla...


Carlos, Carmen, Cristian e Ella...


Joana, Jorge, Manuel, Marta e Naiara...


Nerea, Nico, Raúl, Samuel e Xulia...

22/12/09

HOXE TAMÉN...VISITA DO APALPADOR !!!

Como @s Miúd@s lle escribimos ó Apalpador una carta, este quixo facernos unha visita para recollelas pero @s Miúd@s estabamos no festival e non chegamos a velo.
Aproveitou para escribirnos no encerado o enlade deste blogue, un agasallo adiantado ó día do Nadal.


Hai rumores de que se deixou ver pola clase d@s Xaci@s para apalpar barriguiñas e deixar uns caramelos a todos os nenos de infantil (coido que se lle esgotaran as castañas...)

MIÚD@S....ATENCIÓN, ATENCIÓN, ÁBRESE O TELÓN, COMEZA A FUNCIÓN !!!

Hoxe celebramos o Festival do Nadal no noso salón de actos con moitos espectáculos...cantigas, obras de teatro, playbacks, bailes, cantos de Reis (graciñas papis e mamis)...

Máis adiante teremos unha reportaxe sobre o día de hoxe.


Miúd@s: actores e actrices na obra "O Nadal dos Contos"

19/12/09

CHEGA O NADAL E ENVIAMOS AS NOSAS CARTAS Ó APALPADOR...

Estreamos a nosa árbore de Nadal da mellor maneira, enviándolle ó Apalpador as nosas cartas...



...e o vindeiro martes as cartas do buzón sairán camiño ás devesas do Courel...



13/12/09

MONICREQUES


Parece ser que hai máis Miúd@s en 2º dos que pensabamos....




11/12/09

O APALPADOR !!!


Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.


(para ver a súa web preme na imaxe)

CANTIGA DO APALPADOR:
.
Hoje é dia do Natal,
dia do Nosso Senhor
ide logo para a caminha
que vai vir o Apalpador.
Hoje é dia do Natal,
vai ninim para a caminha
que vai vir o Apalpador
a apalpar-che a barriguinha.

LIBRO DO APALPADOR:

(para ler o conto preme na imaxe)


O venres pasado @s Miúd@s visitamos no mundo de infantil @s Xaci@s, onde Carlos, Ela, Xulia, Carla, Carmen, Aroa e Manuel foron contacontos para estes nen@s de 4 anos.






Ó rematar fixemos un trato, xa que o mestre d@s Miúd@s é o que máis preto vive da casa do Apalpador, será o encargado de levarlle as cartas que lle escriban tanto @s Xaci@s como @s Miúd@s. Para recoller estas cartas temos o buzón do Apalpador.

Grazas á mestra Iria por abrirnos as portas do mundo de infantil e por descubrirnos este conto ;)

10/12/09

CANDO MARÍA FALTOU, LEMBRÁMONOS DELA ;)

Cando volveu tiñamos una sorpresiña.

Miúd@s si, pero corazón........XIGANTE!!!


HOXE, DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS


E como somos Miúd@s....dereitos e deberes d@s nen@s....




A falta de auga potable ocasiona problemas de saúde e enfermidades que poden chegar a ser mortais. No mundo hai nen@s que beben auga contaminada e enferman por iso. Escoita a Historia de Suaba...

9/12/09

VISITAMOS O MARCO...

Visita ó Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Aprendemos moitas cousas, en breve ensinarémolas nun documento no que nós, @s Miúd@s, seremos @s protagonistas...





Webs relacionadas:

http://www.marcovigo.com/

http://www.jorgebarbi.com/

NÓS. PREPARADOS, LISTOS.......XAAAAAA......NTAR!!!

Os rapaces e rapazas de 6º prepacaron as castañas metras nós xogamos a xogos populares.





Pero ó rematar, collemos o noso cucurucho, sombreiro e o papacastañas, agora tocaba comelas !!!





I CERTAME GASTRONÓMICO - TOMA CASTAÑA !!!

Celebramos o Magosto de unha das mellores maneiras.......COMENDO!!!




Grazas polas receitas a tod@s @s participantes ;)

BÚSCASE ESTA PANTASMA...


Este é o retrato robot da pantasma. Foi visto por derradeira vez na aula de cuarto e nos pasillos de infantil....

NÓS E AS NOSAS CABAZAS !!!

Pasar medo non sei, pero pasalo de medo......ISO SI QUE SI!



As nosas cabazas...




A gañadora do concurso...



Grazas ás familias pola vosa colaboración ;)


5/12/09

SAMAÍN

Estas son as cabazas que meteron medo no noso cole. Tamén houbo videos, contos e....alguna pantasma que rondou polas aulas. Dise que era o profe Xan, pero algúns dubidan de si realmente foi ou non así...